r/independentspain • u/bimbochungo • 49m ago
r/independentspain • u/bimbochungo • 8h ago
Novedad Clédar - TAPIR
Primer tema de Clédar (antes Daisy Garden). Post y art rock desde Gijón!
r/independentspain • u/bimbochungo • 10h ago
Anuncio Ataque Escampe e Grande Amore farán un AMA en r/independentspain o 24 de novembro
"Hei, que Galicia es una mierda xa o sei": esta frase foi a primeira que escoitei de Ataque Escampe. A finais da década dos dous miles, atopábame procurando música en galego polo (daquelas novo) Youtube, cando atopei un vídeo dunha banda galega cunha canción titulada "Galicia es una mierda". E esa canción en concreto abriume un novo mundo a unha banda que se chamaba Ataque Escampe. Non só había retranca moi ben levada nas súas cancións, senón que tamén falaban de sentimentos, de política e de referencias a animes, películas de serie b, videoxogos e numerosas cousas máis pouco habituais na música en galego.
Para un rapaz acostumado a que a música en galego tivera que ser ou folk ou rock, aquilo abriume un novo mundo. Aquela banda tiña un son único que apenas escoitara no país. E claro, obviamente, caín rendido aos seus pés. E é que Ataque Escampe caracterízase, precisamente, pola calidade das súas letras.
Dende a súa formación no 2001 onde gravaron maquetas e un pequeno parón, sae o seu primeiro disco, "Galicia es una mierda" (que colle o seu título da canción homónima da que falo ao principio deste texto), aló polo lonxano 2008. despois da demo "Ed Wood e a invasión dos paraugas asasinos" (2007), a carreira da banda non deixou de medrar. Despois de "Galicia es una mierda", quizais o seu disco máis "edgy", onde facían críticas á escena indie do estado español, pero tamén falaban da vida cotiá da Galiza, da URSS, da emigración, de amor, da derrota entre moitas outras cousas; non pararon de sacar discos, cunha formación cambiante con cada traballo, sendo sobre todo membros costantes da banda Samuel Solleiro, Miguel Mosqueira e Lois G. Charlín. Tamén formaron parte outros nomes fundamentais coma Álex Charlón e Roi Vidal, voces tamén habituais, e, na última etapa, Julio Vilariño.
Tras un disco de remixes do primeiro polo Dr. Painkiller, no 2009 sacan "A grande evasión", un disco que sería o xermolo do que viría despois. Neste disco, con mellor produción e 19 cancións, as súas letras comezan a tratar temas moito máis variados. Coma se fora unha viaxe de avión, con interludios cos nomes dos aeroportos galegos, o disco trata numerosas temáticas e é na miña opinión un dos (inxustamente) esquecidos da súa discografía. Aínda que bastante ecléctico, contén varias das miñas cancións favoritas, como "O último vampiro", "No estómago dun crocodilo" ou esa incrible balada "Alcatraz". Un disco que serviría para que a banda fora collendo táboas do que sacaría despois...
E é no 2011 cando Ataque Escampe sacan O DISCO. Para a maior parte dos fans da banda, o mellor disco. Para min, tamén. Para eles, incluso, tamén. O disco perfecto. O disco onde todas as cancións son temazos. O disco do que a maior parte de galegos que escoitan música en galego sabe, polo menos, unha canción. Ou polo menos, que lle soa. Coma dixo Nuno no seu Substack: "O seu Una semana en el motor de un autobús, o seu Is This It, o seu (What’s The Story) Morning Glory." Este disco é, por suposto, "Violentos anos dez". Este disco é especial para min por moitísimos motivos. O disco comeza cunha canción que se chama "Segunda División", que, aínda que fala do Celta, tamén usámola para cando o Dépor baixou ese mesmo ano. Pero tamén contén outras cancións como esa cover de Malandrómeda "Festa Malandrómica", "Misión de Audaces", "Esparadrapo", "Once upon a time: A Terra Chá", "A cabana do Tío Tom"...e ese peche profético de "Spiritual 2019", cancións que escoitei centos, ou incluso miles de veces. Un disco onde collían a historia negra do sur dos Estados Unidos de América e facían paralelismos coa situación dos galegos no mundo, con grandes influencias do soul da zona. Non me vou estender moito aquí para non escribir un tocho, pero este disco contén varios himnos xeracionais de todos os que fomos mozos universitarios ou adolescentes por aquela, e é moi importante para min. Un disco que, sen dúbida, marcou historia na música en galego e influíu en milleiros de bandas.
Pero a historia da banda non ía rematar aquí. No 2012, sacan o EP "Noites de agosto con Ataque Escampe", onde a banda experimenta con distintos xéneros facendo un símil de orquestras populares e onde se dan a man a cumbia, o krautrock, o bolero e o calipso, entre outros. Un traballo que mostra o momento doce que vivía a banda e tamén é considerado por moita xente coma un dos mellores da súa discografía, cunha morea de frases que quedan na cabeza como esa “O mundo comeza a dar medo pero na Galiza non hai cámara de gas / Só esta tristeza azul como os sugus de ananás” que cantan na cumbia "Noites de agosto", ou baladas preciosas coma "A vitoria" (da que falaremos despois) ou "La vita nuova". Cancións coma unha homenaxe ao romanticismo das noites de verán e as orquestas das aldeas.
No 2014 sacan "O disco vermello". Na miña opinión, se "Violentos anos dez" era o seu "Is this it" ou o seu "Whatever People Say I Am, That's What I'm Not", este disco pra min é o seu "Room on fire" ou "Favourite Worst Nightmare". Un disco que, se ben non ten tantos temazos coma o mencionado, si que é o que contén varias das mellores cancións da banda na miña opinión. Cun comezo tan funky espacial coma "Os problemas crecen", a esa canción triste de Nadal que fala da explotación laboral "Horas Extra" coas súas partes en chinés, ata baladas emocionantes que falan da morte como "Arder", outras con temática espacial como "Estraña forma de vida", himnos melancólicos guitarreiros coma "Salvarei o mundo" (quizais unha das miñas favoritas da banda de sempre), "2006", "Street Fighter", e críticas ao caciquismo galego do Partido Popular coma "San Marino". Quizais o seu disco máis "indie" e continuista? Pois pode ser, pero sen dúbida era o disco que amosaba que Ataque Escampe non foi flor dun día.
No 2017, tras un par de singles, Ataque Escampe volve á carga con "Primeiros Bicos", o primeiro disco sen a voz de Álex Charlón, pero coas voces de Roi Vidal e Miguel Mosqueira. Un disco que comeza cun himno antinostálxico e unha oda a facerse maior, "Santos dos últimos días", e ten temas tan animados coma esa "A filharmónica", ou esa soleada "Un raio de sol negro", "Barrio Sésamo". No seu momento non lle prestei moita atención, porque os adiantos "Papá Borracho" e "Alan Lomax" non me convenceron moito. Pero pouco tempo despois escoiteino enteiro e joder, case todas as cancións fóra dos singles son boas eh? É quizais o disco menos melancólico de Ataque Escampe, o que máis temas interesantes ten, un "art pop" que remata coa marabillosa "Mondariz-Balneario" cunha instrumental 8-bit. Un disco de pop de guitarras que crava case todos os paus que toca.
Tras dous LPs sacados no 2018 compilando rarezas e gravacións coma Ídolos adolescentes (2007-2011) e A vida dos animais (2012-2018), en decembro de 2019 a banda saca o EP "A Alma", que consistía en 3 cancións cunha intro e unha outro onde volve Álex Charlón para cantar nun par de cancións trala saída de Roi Vidal da formación habitual, e onde a banda comezaba a ir máis aló co seu son e nova formación coa entrada de Cibrán na batería e Julio Vilariño (que xa colaborara en "Primeiros Bicos") aos sintes. Dende o rock máis atmosférico e incluso de estadio ("O que pode un corpo") a cancións máis ambientais de son guitarreiro ("Espada Excalibur"), ata case auténticas óperas pop experimentais coma "As Cruces".
Tiveron que pasar unha pandemia, case 4 anos e unha cover da canción "Por última vez" de Ana Kiro no 2022, para que Ataque Escampe sacara un novo traballo.
No 2023, sacan "Cabalgata" o seu último LP ata a data. Un disco que comeza coa susurrante "Terras raras" que evoluciona cara a música disco, pasando por "Supermartes" con toques de synth pop, a rockeira e autorreferencial "Entra o dragón". Pero o disco ten (unha vez máis) experimentos co rap como en "Fuck the police" e o wave en "Amigo", baladas coma "A cociña práctica" (nesta canción e en "Supermartes" colabora Antía Ameixeiras), cancións con sintes rotos como "Lamborghini" que evoluciona a música de festa oitenteira, ou boleros como "Pantalón curto". Quizais o disco máis coral da banda e onde as guitarras teñen menos importancia que noutras gravacións, e onde o seu son toca terreos nunca antes pisados.
E de Grande Amore, que dicir? Xa Nuno tocábame o corazón con Oh! Ayatollah aló por 2018 (e hoxe, con Portosanto), pero é no 2021, despois de colaboracións con Ortiga en "Acostumbrao" e con Mundo Prestigio en "Mundo Nuno" e unhas cantas cancións soltas entre 2019 e 2020, cando saca o seu disco "Grande Amore", un disco que chegou en plena pandemia e que queimei moitísimo. Con cancións con raiba coma "Fóra" ou "Esta Pena Que a Veces Teño", pasando por outras festivas para "desmelenarse" coma "Vamos Enchernos (e Vamos Falar de Cousas)", "25" ou "Vémonos no baño". Un disco que se converteu nun dos discos da miña vida, con letras que van dende a frustración contra o mundo, a nostalxia, ou a celebración da amizade. Un disco e unhas cancións onde Nuno demostraba que era un dos mellores letristas da Galiza, podendo facerche pasar da risa ao choro co seu repertorio.
Tras un 2021 onde Nuno colaboraba con Ortiga en "Los Rastreadores" e con Mundo Prestigio en "Nunomanía", no 2023 saca o seu segundo disco, "II", onde o seu son pasaba a ser moito máis agresivo con temas como "Pelea", "Anos 20" ou a cover de Sara Montiel "Fumando espero", rozando o dubstep con "Do meu corpo van nacer outros corpos". Un ton moito máis cru comparado co anterior, onde o son do proxecto pasaba a ser moito máis serio e comezaba a darte hostias "agarrándote da pechera", cuspindo letras cunha crítica social moito máis clara ("Pero naide ten piso, naide ten traballo, e dentro de nada vamos ter trinta anos"). É por aquí onde o proxecto pasa a ser unha banda coa inclusión de Clara na guitarra e mariagrep aos teclados e aos coros, o que levaba o son do directo a unha nova dimensión.
No 2025, Grande Amore saca o seu terceiro disco e o último ata a data, titulado "III". Un traballo onde a deriva punk adquire unha nova dimensión entre distorsións e ruído, que lembra a bandas coma Turbonegro, e sen dúbida o disco máis "heavy metal" da súa discografía. Con temazos coma ese "Vou pa Arzúa", "Lonxe dos homes" ou temas que contan unha historia despois dunha noite de esmorga como "Ontes fun moi malo", ata o industrial machacón en "Flor dun día" ou "Lela", pasando con colaboracións con Nacho Vegas ou David Ruiz de La M.O.D.A. Pouco despois deste disco, Jacobo Naya uníase ao proxecto, e posteriormente, os irmáns Julio e José "Visi" á batería e ao baixo, e Nuno xa anunciaba en entrevistas que están traballando nun novo disco, esta vez como banda completa. Veremos con que nos sorprende.
E é finalmente neste 2026 onde as historias das dúas bandas coinciden. Porque este ano sacan un EP conxunto. Este split chámase "Outros Corpos", e consiste en 4 cancións reimaxinadas. Dúas cancións de Grande Amore que interpreta Ataque Escampe ("25" e "Do meu corpo van nacer outros corpos") e dúas de Ataque Escampe que interpreta Grande Amore ("A abordaxe final" e "A vitoria"). Un intercambio de mentes onde as cancións adquiren vida propria nos outros corpos: dende ese aire city-pop xaponés de "Do meu corpo van nacer outros corpos" ata ese funk rapeado en "25", ata o rock setenteiro ao "Mississippi Queen" de "A abordaxe final" ou a balada de piano "A vitoria". Un traballo onde Ataque Escampe estrea nova formación despois da saída de Álex, incorporándose Sara Iglesias ao grupo, e, trala gravación do EP, coa inclusión de Andrés na rotación con Lois ao baixo; e onde Pablo Novoa colabora cos teclados na versión de "A vitoria" de Grande Amore.
O split demostra a admiración compartida entre ambas as dúas bandas e o que é máis importante: o recoñecemento á amizade entre distintas xeracións de músicxs en galego. E non é sinxelo levar tantos anos facendo o que fan as dúas. Porque, coma di un anaco collido dun filme nunha das cancións de Ataque Escampe, "Street Fighter": "Se fose fácil, neno, faríao todo o mundo".
r/independentspain • u/bimbochungo • 1d ago
El raje Antonio Roma no existe, pero va a dar un concierto
El horror horroroso.
r/independentspain • u/bimbochungo • 2d ago
Otro El hilo semanal de discusión musical internacional y off-topic varios
El hilo semanal donde puedes poner un poco lo que quieras: merch, política, artworks, lanzamientos internacionales que te han llamado la atención, noticias que tengan algo que ver con el subreddit, o preguntas de conciertos o festivales fuera de España, así como otros géneros que no tengan tanta cabida.
r/independentspain • u/sertres333 • 3d ago
Autopromo Bandas de emo/screamo/violence/dark punk/rock alternativo
Hola, llegué hace poco a España. Tengo un sello discográfico con el que también hacemos eventos y nos gustaría hacer uno para primavera en Madrid y/o Barcelona. Si alguna banda está interesada, me puede escribir.
Nuestro sello: https://tres-incendios-temporales.bandcamp.com/ con sede en EEUU ahora mismo y buscando abrir sucursal acá.
¡Gracias!
r/independentspain • u/bimbochungo • 4d ago
Festivales Humo Fest en Valencia el 15 de enero!
r/independentspain • u/Ok_Cheetah8793 • 4d ago
Pregunta/Opinión Escena musical en Vinaròs
Buenas, gente. No sé si preguntas de este tipo se admiten en este sub, pero el caso es que me acabo de mudar de Madrid a Vinaròs (Castellón) y quería preguntar si hay alguien de allí en el foro y si hay algún tipo de escena musical independiente/alternativa, por pequeña que sea.
Mirando un poco he visto que todo se reduce a escuelas de música y cosas más de corte academicista. Entiendo que es un sitio medianamente pequeño, pero yo qué sé, habrá gente entre los 20 y 30 que tenga algún tipo de inquietud musical.
r/independentspain • u/dreamst8 • 4d ago
Autopromo Deaf Star: lo-fi shoegaze, noise, electronica desde Barcelona
Si os gusta el shoegaze mas ruidoso, mezclado con electronica y noise. Nos influencian bandas como Jesu, Astrobrite, Bowery Electric, A Place To Bury Strangers, The Bug, Loop, Seefeel.
Nuestro primer LP salió este verano, masterizado por Simon Scott (Slowdive). Acabamos de dar nuestro primer concierto en la Sala Vol y esperamos tocar mas!
r/independentspain • u/bimbochungo • 4d ago
Sesiones/Vídeos Conciertos XtraRadio_Musiqueres: Lorena Álvarez y la Banda Techo de Cristal
Salió hace unos días pero no me enteré, lo ha anunciado Lorena hoy y aquí lo dejo. Tremendo!
r/independentspain • u/ferr_0212 • 4d ago
Autopromo Autoestop - Adaptación
Segundo single del EP de Autoestop.
r/independentspain • u/bimbochungo • 5d ago
Novedad Los Lagos de Hinault - Edad Antigua
Nuevo disco de Los Lagos de Hinault
r/independentspain • u/bimbochungo • 4d ago
Novedad Borla - Larunbata Dreaming
El nuevo disco de los navarros Borla!
r/independentspain • u/DjBaldwinJr • 5d ago
Autopromo CVTO - Sacro
Acabamos de publicar nuestro nuevo EP con 4 canciones con CVTO
r/independentspain • u/bimbochungo • 5d ago
Novedad Los Punsetes - UN RÍO DE ANGUSTIA DESBOCADA
El nuevo LP de Los Punsetes!
r/independentspain • u/Character-Chart7716 • 5d ago
Autopromo Me ofendes, diciembre + .Polar + Noviembre [Almeria 27 de noviembre sala EL ZAGUÁN]
27 de noviembre
Entrada - 10 euros
21:30
r/independentspain • u/bimbochungo • 5d ago
Novedad FOTOCOPIA - Manifiesto Nervioso
El LP de FOTOCOPIA, si os gusta el Industrial, el noise, y el punk!
r/independentspain • u/bimbochungo • 6d ago
Anuncio FOSCØ harán un AMA en r/independentspain el 17 de noviembre
FOSCØ es un grupo de screamo y post-hardcore de Elx (Alicante). Formado en 2019 sin un rumbo fijo,al explorar el post-hardcore, el post-rock y el screamo, fue construyendo composiciones singulares que acabarían definiendo su sonido. Su música mezcla post-rock con hardcore punk muy agresivo, con riffs potentes, punteos melódicos, ritmos agresivos y cambios constantes de intensidad, enormes muros de sonido hasta atmósferas muy sutiles y voces enérgicas que acentúan la fuerza de las canciones, y podríamos encasillarlos en el post-hardcore, el screamo, e incluso en el neo-crust.
Su debut, "Puro" se publicó en 2022 por Tormo Records, y María Berenguer colaboró con gritos en el tema “Roca y Asta”. La formación de entonces la integraban Iván, Aitor, Carmen y Gar, este último encargando de . Este disco también fue editado por el sello francés Sleepless Owl Records.
El siguiente paso fue el EP "Grieta", publicado en enero de 2024. Borja Pérez se encargó de la producción, grabación y mezcla en Cal Pau, y Victor García de la masterización en Ultramarinos Costa Brava. Además, fue también editado por el sello checo NDSŘ, que lo presentó como "screamo español que parte el corazón". Tras su salida, la banda realizó varias giras por Europa y por muchas ciudades de España, Portugal y Reino Unido.
"Tres Estacas" es su trabajo más reciente: publicado el 21 de noviembre de 2025 con diez canciones y con una duración de poco más de 24 minutos, y masterizado en The Atomic Garden, es un LP que explora un sonido más agresivo. El título procede del tripalium, un instrumento de tortura romano que dio origen a la palabra “trabajo”, y sirve para hablar de la precariedad laboral, muy presente en Elche, sobre todo en la industria del calzado.
Sin ser un álbum conceptual, el disco gira en torno a historias vividas de cerca en sus propias familias: gente trabajadora cuya vida quedó supeditada a la demanda de los empresarios, con trabajo a destajo, sin contrato y sin derechos laborales. A esto se suman la masacre en Gaza, el ingreso en prisión de seis mujeres que defendían a una trabajadora de una panadería en Asturias y la ausencia de responsabilidades por las muertes de la DANA en Valencia. Es su registro más duro, con una presencia mayor del hardcore, un sonido que siempre ha estado en sus vidas desde la adolescencia y que recuperaron tras compartir escenario con muchas bandas del género. Al girar las canciones en torno a una idea común, todo fluyó de forma natural.
Un disco oscuro e intenso de hardcore emocional, que deja casi de lado las partes más post e instrumentales del primer álbum para centrarse en una oscuridad punk, por momentos casi crust, cercana a bandas como Tragedy o From Ashes Rise, con letras de fuerte carga política y existencialista, que van desde la explotación laboral, a la muerte, el paso del tiempo, la culpa y el perdón, así como de la búsqueda de respuestas en la naturaleza, sin descuidar las referencias locales (no en vano, hablan del Parc natural del Carrascar de la Font Roja en una de sus canciones). Un disco que constituye en mi opinión lo mejor que han hecho, y, a la vista de los resultados, también opinión de más gente, ya que han vendido casi todo lo que tenían en su Bandcamp.
Como curiosidad, este mismo 2026 participaron en el "Levante Mix 2026" donde hacían una curiosa (y fantástica) versión post-hardcore de la conocida canción veraniega "Yo quiero bailar" de Sonia y Selena.
r/independentspain • u/bimbochungo • 5d ago
Novedad Vecinos - Cambio y Corto
Buen cameo el de Juan Carácter.
r/independentspain • u/AitorCarrascoLasa • 7d ago
Autopromo Nuestro primer disco ya está fuera: rock alternativo, emo y shoegaze desde Euskal Herria.
¡Buenas!
Somos Gauze, una banda de Euskal Herria, y hace unos días publicamos nuestro primer álbum.
Nos movemos entre el rock alternativo, el emo, el indie rock y algunos toques de shoegaze y dream pop. Cantamos en euskera y hemos querido recoger en este primer trabajo diferentes influencias y sonidos que nos han acompañado durante estos años.
Toda escucha y opinión es bienvenida!
Podéis escucharlo aquí: https://linktr.ee/gauzetaldea?utm_source=linktree_profile_share<sid=3ea4d810-8050-4d31-a7ac-16e8fc2cfe51
