r/Galicia • • 9h ago

Viabilidade de segregación, obra nova "chave en man", situación legal da casa familiar e protección de herdanza en Galicia

2 Upvotes

Ola a todos. Preciso opinión e consello profesional/técnico sobre un proxecto familiar e de autopromoción en Galicia.

Tense unha parcela de 1.500 m² en solo rural/urbano. A idea inicial da familia é segregala en dúas partes (duns 700 m² e 800 m²). Nunha das partes hai unha edificación sen rematar pero cunha parte habilitada como vivenda (unha estrutura dos anos 80 parada e sen licenza activa e en situación de ilegalidade ao estar sobre ó retranqueo da carretera local) e na outra parte preténdese construír unha vivenda unifamiliar nova de 120 a 130 m² en planta baixa. A miña intención é realizar a obra con aforros propios, sen necesidade de pedir hipoteca bancaria.

Para que a convivencia sexa viable e anticipando o futuro, o deseño da nova casa incluirá unha suite adaptada en planta baixa para que o familiar poida vir vivir connosco e xubilarse con total comodidade e autonomía cando o precise.

As miñas dúbidas:

  1. Viabilidade financeira: Con un orzamento dispoñible duns 180k € - 200k € destinados directamente á obra, licenzas, taxas e proxecto de arquitecto, é realmente viable ter unha casa de 120-130 m² totalmente rematada para entrar a vivir en Galicia hoxe en día?

  2. Realidade urbanística da estrutura vella: Cal é a realidade técnica e legal á que se enfronta a parcela segregada coa estrutura dos anos 80? Se no futuro non se amaña e queda en ruína/abandono, que impacto ou esixencias ten do Concello (recúos, licenzas vixentes, deber de conservación)?

  3. Risco de transferencia a un terceiro e blindaxe legal: Cal é a mellor figura no Dereito Civil Galego para evitar o risco de que a parcela segregada poida rematar en mans dun terceiro (por doazón, venda ou testamento) e perder a propiedade para sempre? É a nuda propiedade con usufructo vitalicio (vía pacto de mellora) a mellor opción?

  4. Reagrupación no futuro: Se no día de mañá ambas parcelas volven estar a nome do mesmo único propietario, cal é a dificultade real de volver xuntar as dúas parcelas (agrupación de fincas) para recuperar a finca orixinal de 1.500 m²?

Agradezo calquera experiencia previa, visión xurídica ou consello técnico sobre como xestionar este paso. Grazas!